Xunta de Galicia a través do IGAPE
Como apoio ao proceso de internacionalización, Viña Costeira ten unha axuda concedida pola Xunta de Galicia a través do IGAPE (Programa Plan FOEXGA 2016-2017) cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2014-2020, OT3 Conseguir un tecido empresarial máis competitivo. Unha maneira de facer Europa.
O obxectivo principal destas axudas é incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización das Pemes galegas. O resultado que se pretende é aumentar a base de empresas exportadoras e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.