Spread the love

Viña Costeira

Viña Costeira inicia hoxe a súa vendima 2017 abrindo os centros de recollida de uva, para comezar a recibir os acios que con tanto mimo e esmero foron coidando ao longo dos últimos meses os socios e viticultores.

Debido ás condicións meteorolóxicas cambiantes das últimas semanas, desde a cooperativa decidiuse adiantar uns días a data de inicio de vendima prevista. Esta medida, non deixa de ser habitual ante contornas de tempo cambiante, como as variacións atmosféricas que se viviron os últimos días na zona do Ribeiro.

Desta maneira, Viña Costeira facilita o proceso entrega da uva nas súas instalacións, dotando dun mellor servizo aos socios e provedores, e garantindo que a uva que chega ás tradicionais tolvas mantén os elevados niveis de calidade esixidos para a súa recollida.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php