Spread the love

Viña Costeira anunciou a incorporación dos últimos dous nomes para completar o cartel de COSTEIRA SONORA, a aposta da adega pola maridaxe entre viños e música, que se celebrará no Pazo de Toubes a última fin de semana de setembro, coincidindo previsiblemente cos últimos días da vendima na D.O. Ribeiro.

O ourensán Jacobo Feijóo (DJAKE), habitual nas cabinas de Malasaña, será o responsable de quentar o ambiente entre os concertos, e a monfortina Marta Fierro (EME DJ), recoñecida como unha das picadiscos máis importantes na escena indie-disco en España da última década, será quen poña a guinda a esta primeira edición de Costeira Sonora, pechando a noite.

Estes últimos nomes veñen a sumarse aos que xa se coñecían: polos tres escenarios que se habilitarán no recinto do Pazo de Toubes pasarán as propostas do inclasificable i enigmático Ángel Stanich, en formato trío, o folk entusiasta de El Meister, cantante de Arizona Baby e Corizonas, a verbena das revolucionarias Las Chillers, a revelación do soul nacional, María Yfeu, e as texturas envolventes da portuguesa Surma.

Desde as cinco da tarde, Costeira Sonora extenderáse ata ben entrada a madrugada, con máis de dez horas de música ininterrompida que converterán ao Ribeiro no epicentro da música
independente.

Entradas e transporte

O aforo do evento é limitado a 400 persoas e as primeiras entradas a prezo promocional esgotáronse nos primeiros días. A venda continúa na plataforma Ataquilla.com a un custe de 30 euros, con 5€ máis incluíndo transporte desde Ourense.

A organización advirte de que, debido á limitada capacidade das vías de acceso ao Pazo de Toubes, e para evitar incidentes, o acceso en coche ao recinto estará restrinxido á organización. É por isto que se habilitará un servizo de lanzadeiras gratuítas que funcionarán durante todo o festival, cubrindo un traxecto circular entre Ribadavia, Leiro e Costeira Sonora. Viña Costeira aposta por facilitar os desprazamentos seguros e ofrece conexión directa con Ourense, para poder prescindir do vehículo privado. Por so 5 euros máis, coa entrada ao evento pódese reservar transporte desde o Parque de San Lázaro, no centro da capital, ata a porta mesmo do Pazo de Toubes, con regreso ao remate dos concertos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php