resultados dos prestixiosos premios Verema 2016
Tras uns días de incerteza e espera, o pasado mércores facíanse oficiais os resultados dos prestixiosos premios Verema 2016, premios aos que a nosa adega estaba nomeada nas categorías de “Mellor espumoso” e “Mellor Adega”.
Tras o reconto dos 7100 votos recibidos, Viña Costeira conseguiu alcanzar o terceiro posto na categoría de “Mellor Adega do Ano”, un gran éxito ao tratarse da nosa primeira participación en Verema e sendo nesta ocasión a única adega galega galardoada nesta categoría.
Por outra banda, tamén nos tocou de preto o éxito da D.O. Ribeiro, que conseguiu o primeiro posto na categoría de “Mellor CRDO do ano”, sendo igualmente o única D.O. galega entre as vencedoras do certame.
O acto de entrega de premios aos gañadores realizarase o próximo 25 de Febreiro no Evento Verema de Valencia, na segunda xornada.
Recibir este recoñecemento é un gran impulso para a nosa adega, que nos axudará a seguir traballando na procura de novos retos e a consolidar a nosa imaxe como adega referente dentro do panorama Galego.