A feira, que se celebrará do 25 ao 28 de abril, será una excelente oportunidade para
Do vindeiro 25 ao 28 de abril estaremos presentes en Alimentaria, a feira internacional que se celebra en Barcelona e que volverá a ser o centro de negocios para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e gastronomía. Unha cita obrigada coas últimas tendencias e as novidades do sector á que Viña Costeira non podía faltar.
A presenza nunha feira coma Alimentaria 2016 está máis que xustificada dende a posta en valor por parte da organización de aspectos tan importantes para a nosa adega como a internacionalización ou a innovación.
Nesta edición, a feira promete a renovación dalgúns dos seus salóns e contidos, polo que será unha atractiva oportunidade de catar os nosos novos viños para todos aqueles que veñan a visitar o noso stand.
¡Agardámovos!