Spread the love

Coincidindo coa celebración do 50 aniversario de Viña Costeira, redeseñamos a nosa web e a melloramos en tódolos sentidos. Contámosche todos os detalles!

Atendendo tanto ás tendencias actuais como ao pleno proceso de transformación dixital no que estamos inmersos a nivel global, Viña Costeira continúa dando pasos firmes e notorios na súa presencia dixital, con fin de satisfacer as demandas de usuarios cada vez máis esixentes e obter un maior rendemento do gran potencial que ofrecen as novas ferramentas, canles e formatos dixitais.

Deste xeito, e en paralelo a outras accións dixitais estratéxicas como o lanzamento de campañas propias, concursos interactivos ou accións específicas para Redes Sociais, estréase unha nova web cun gran atractivo visual e novas funcionalidades para o usuario.

Máis en detalle, a nova web de Viña Costeira inclúe oito seccións destacadas: Home, Adegas, Enoturismo, Viñedo, Viños, Licores, Eventos e Novidades, ademais dunha sección específica destinada a Pazo de Toubes.

Grandes melloras gráficas e visuais

A nivel gráfico, a web presenta un maior número de elementos dinámicos, resultando moi limpa e cómoda para o usuario, que poderá detectar dun vistazo onde se atopa a sección ou contido que precisa. Ademais, a súa configuración faina moi intuitiva e sinxela para navegar en toda a arquitectura web.

Visualmente, a “Experiencia Costeira” adquire moita relevancia, ademais de o produto, mediante imaxes próximas ao seu contorno e filosofía, sen perder a esencia da adega.

No que respecta a contidos, o recoñecemento á Mellor Adega de España en 2017 adquire un especial protagonismo, ademais de por suposto a celebración do 50 aniversario en 2018, o redeseño do Viña Costeira Ribeiro (que está obtendo unha incrible acollida), ou o acceso a algún dos produtos máis destacados da adega.

A oferta enoturística, os eventos organizados ou en colaboración coa adega e as últimas novidades tamén contan cunha especial relevancia no novo site.

nueva web

Novo ecommerce: fai os teus pedidos Viña Costeira online!

Ademais  de todas estas melloras, sen dúbida un dos grandes avances é a enorme mellora do ecommerce e a experiencia de compra. Dividida en viños e licores, presenta unha maior capacidade de filtrado (Brancos, Tintos, Especiais ou Toubes), podendo clasificarse segundo distintos criterios, con imaxes actualizadas dos produtos e unha maior facilidade de compra. Ademais, por vez primeira se poderán adquirir produtos de Pazo de Toubes a través da nova web, o que se suma a outra das novidades implementadas: os gastos de envío de tódolos pedidos a partir de 60 euros serán gratuítos.

E se a “cara visible” da web deu un paso de xigante, tamén se incluíron aspectos técnicos optimizados (non tan perceptibles pero igual ou máis relevantes), que permiten unha maior velocidade de carga da web, contribúen a mellorar a súa visibilidade e posicionamento, ou facilitan a búsqueda concreta dun contido específico, sempre considerando prioritaria a usabilidade e navegabilidade do usuario. Por suposto, respondendo a un uso cada vez maior do teléfono móbil e tablets, o seu deseño responsive permite un óptimo acceso á nova web desde calquer dispositivo.

Convidámosche a percorrer a nova web de Viña Costeira, gozar do seu renovado aspecto gráfico e seccións, así coma comprobar as súas útiles funcionalidades que fan da nova web un elemento fundamental en torno ao que xirará a comunicación dixital e a estratexia de marketing da Mellor Adega de España.

ecommerce

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0