Spread the love

Como non podía ser doutro xeito, Viña Costeira asistiu entre o 18 e o 20 de marzo en Düsseldorf (Alemania), á Feira Internacional de Viño ProWein. Despois de tres días de exhibición, o evento contou con máis de 60.000 visitantes, que gozaron de máis de 6.000 stands procedentes de 64 países de todo o mundo.

Aínda que o tamaño de evento é moi destacado, con moitos expositores, o Export Manager de Viña Costeira, Ramón Mosquera, estableceu contactos, mantivo reunións e, en definitiva, difundiu a bodega e os seus produtos entre todos os asistentes, a maioría deles vinculados ao comercio, a gastronomía e a hostalería.

Falamos con el ao seu regreso, para analizar as súas impresións sobre a visibilidade que aporta a Feira, as reaccións dos visitantes, os produtos estrela e o horizonte que agarda á Adega nun sector tan complexo e á vez tan atractivo, como é o da exportación.

Como valores a experiencia de estar presente na Feira Internacional de Viño máis importante do mundo?

Trátase dun punto de encontro excepcional cos distribuidores internacionais da Adega e un lugar idóneo para establecer reunións con compradores, distribuidores e importadores de todos os países do mundo. Para unha Adega como a nosa, que aspira a incrementar a súa presenza internacional, esta Feira é de asistencia obrigada.

Tendo en conta os máis de 6.000 expositores presentes na Feira, cal é o valor diferencial de Viña Costeira que se pretende trasladar aos visitantes e contactos que se establecen?

Viña Costeira vai máis alá dos estándares de uvas máis comercializadas no mundo, sorprendendo pola súa rareza e calidade, que moitos compradores descoñecen. Ademais, a zona e a frescura dos nosos viños tamén supón un valor diferencial.

Neste senso, que clima de aceptación sentistes con respecto á Adega e os seus produtos?

Obtivemos unha acollida moi grande, e os novos contactos amosaron a súa satisfacción pola calidade dos viños, o que pode significar novos distribuidores internacionais a corto e medio prazo.

Destacou a acollida dalgún dos viños sobre os demais?

O viño que máis destacou foi Viña Costeira branco, pola súa frescura e perfil aromático e de padal, que o fai un produto válido para todo tipo de consumidor.

Compartir unha experiencia como esta xunto a representantes do sector de máis de 70 países permitirá percibir outras boas prácticas e calibrar a situación real da Adega. Como valoras o equilibrio de tradición e innovación de Viña Costeira neste contexto?

Os comentarios recibidos sobre os novos deseños e innovacións que a bodega acadou nos últimos tempos foron moi apreciados, tanto polos clientes actuais como polos novos contactos, que sinalaron o gran paso adiante que demos.

O feito da vosa recente selección como “A Mellor Adega de España” segundo os premios Verema, que supón para Viña Costeira nun evento deste tipo?

Para as persoas que mercan supón un aliciente e á vez unha sorpresa que unha Adega dunha zona non moi coñecida a nivel internacional recibira un galardón deste tipo, aportando un punto a favor de reputación moi atractivo.

Con esta reputación, que expectativas de comercio exterior mantedes para Viña Costeira nun ano tan vital como este? (50 aniversario)

Incrementar a presenza a nivel internacional é un dos principais obxectivos para a Adega. As nosas perspectivas son esperanzadoras en termos tanto de nomeamento de novos distribuidores como de incremento de presenza exterior.

“Viña Costeira sorprende polo seu entorno, a calidade das súas uvas e a frescura dos seus viños”.

“As innovacións e melloras de Viña Costeira nos últimos tempos son moi apreciadas a nivel internacional”

“Ser escollidos a Mellor Adega de España danos unha maior reputación moi atractiva”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php