O martes 14 de maio celebrouse un acto institucional no viñedo de Riopóo, co que se inaugurou de xeito oficial o salón de eventos e a rehabilitación da adega de Pazo de Toubes, e á que acudiron numerosas personalidades.
Viña Costeira realizou o martes 14 de maio a inauguración do salón de eventos e rehabilitación da adega do Pazo de Toubes, mediante un gran acto institucional no viñedo de Riobóo, onde está ubicado o Pazo de Toubes.
Ao acto institucional acudiron diversas personalidades da política galega, así coma referentes da vida social de Galicia. Entre elas destacaba a presencia do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que destacou “o esforzo da cooperativa na innovación para desenvolver productos de autor e conservar con respecto e mesura o patrimonio histórico de Galicia creando infraestruturas coma o Pazo de Toubes”.
Compromiso da adega co futuro da comarca
Neste evento tomou a palabra o Conselleiro Delegado de Viña Costeira, Andrés Rodríguez Gómez, que agradeceu “o traballo de tódolos viticultores que levaron a Viña Costeira a ter unha marabillosa historia de 50 anos, chegando ao punto de poder afrontar novos retos como a construcción do salónd e eventos e rehabilitación da adega de Pazo de Toubes, nun entorno privilexiado que garante o compromiso da adega co futuro da comarca.
Viña Costeira inaugura estas novas instalacións para continuar sendo un referente en innovación no sector vitivinícola, con viños amplamente recoñecidos pola súa calidade e coidada elaboración. Grazas á súa oferta enoturística, hoxe en día recibe máis de 10.000 visitas ao ano, dando a coñecer a zona do Ribeiro, un contorno de grande valor paisaxístico e enolóxico que axuda a promocionar Galicia coma destino turístico e xenera un gran valor económico na zona.
Adega Viña Costeira, con adegas propias na D.O. Ribeiro e a D.O. Valdeorras, reafirma a súa imaxe coma grupo adegueiro galego, apostando pola expansión dos seus viños a nivel nacional e internacional, e posicionándose coma un referente de viño galego de calidade.
Primeiro evento público en conmemoración co Día das Letras Galegas
Ademais, o Pazo de Toubes acollerá un gran evento que servirá de homenaxe ao Día das Letras Galegas, o sábado 18 de maio. Música en directo, viño, queixos e moitas outras sorpresas servirán de apertura ao público deste espazo. Máis información e entradas aquí.