Spread the love

Campaña de comunicación

Con motivo do inicio do verán, Viña Costeira pon en marcha unha intensa campaña de comunicación en diferentes medios para aumentar o coñecemento da marca no consumidor final e impulsar un cambio estratéxico na imaxe da adega.

Dita campaña dará comezo o próximo 1 de Xuño, permanecendo activa ata o 31 de Agosto, dando continuidade desta forma ás accións previas que se comezaron a planificar desde Semana Santa. Esta programación terá diversos eixos de actuación, tratando de abarcar un diferente número de soportes para maximizar a súa efectividade. Por iso, teremos presenza en valos de publicidade ao longo de toda Galicia, ademais de contar con mupis nos tres aeroportos galegos.

Ademais disto, haberá unha importante presenza en redes sociais para dar continuidade a unha campaña que terá como prato forte a súa presenza en radio, cunha programación intensa de cuñas nas principais emisoras rexionais (Onda Cero, Cadea Ser, Cadea Cope, Dial, Cadea 100 e Europa FM) para unha mellor segmentación do noso target de consumidores.

Este investimento publicitario supón un dos eixos estratéxicos máis ambiciosos da nosa adega, e busca un único obxectivo: construír unha marca máis forte de fronte ao futuro.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php