O novo viño Mencía da adega chegaba ao Centro Cultural Marcos Valcárcel para presentar os seus credenciais ante a hostelería da cidade.
Coa “xira de presentacións” chegando ao seu fin, Viña Costeira Mencía aterrizaba por fin en Ourense para continuar dándose a coñecer entre o sector hoteleiro da rexión.
Foi nun evento que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e onde puxéronse en valor moitas das ideas e atributos que conforman este “novo concepto de Mencía”.
Os enólogos da adega, Manu Sánchez e Manuel Castro, recalcaron “o aporte e complexidade das uvas Sousón e Garnacha de cepas vellas”, que o converten a todas luces nun viño polivalente e apto para todo tipo de
situacións.
Unhas notas de cata que sen dúbida corresponden á exixente selección dos viñedos, especificamente escollidos nas zonas altas de Valdeorras co obxectivo de alcanzar unha calidade de uva extraordinaria e
uns matices que reflicten as nobres características da rexión.
Nesta primeira experiencia nunha nova Denominación de Orixe, a adega fundada en 1968 en Ribadavia (Ourense) pon de releve o seu espírito innovador e entusiasta por afrontar novos retos, que vense identificados
nun viño con vocación de memorable.