O presidente de Viña Costeira, Andrés Rodríguez Gómez, acudiu a este evento que serviu para presentar o novo viño á hostelería das Rías Baixas.
Continuando coa xira de presentacións de Viña Costeira Mencía, onte tocáballe o turno á hostelería de Vigo e comarca. O evento, que tivo lugar no Pazo de San Roque da cidade olívica, reuniu a un bo número de
profesionais da restauración e amantes do viño, que puideron comprobar de preto as deste “novo concepto de Mencía”.
Á presentación acudiu tamén o presidente de Viña Costeira, Andrés Rodríguez Gómez, que destacou “a etapa renovadora” na que está inmersa a adega. Pola súa parte, o noso equipo de enólogos, formado por Manuel Sánchez e Manuel Castro, compartiron cos asistentes as súas valoracións sobre o viño.
Baixo estas premisas, Viña Costeira propúxose elaborar ese novo concepto de Mencía, que intenta ir más alá da “fórmula tradicional” para aportar ademais un plus de complexidade grazas á uva Sousón e a la Garnacha de cepas vellas.
A adega, fundada en 1968 en Ribadavia (Ourense), sae por primeira vez da D.O. Ribeiro para iniciar un plan de crecemento que ten en Viña Costeira Mencía a súa primeira etapa. Un espírito innovador e entusiasta por afrontar novos retos, que amosa nun viño con vocación de memorable.