Spread the love

Verema 2016

Comeza o ano 2017 para Viña Costeira e faio dunha maneira inmellorable con dúas candidaturas para os premios Verema 2016, concretamente nas categorías de “Mellor adega do ano 2016” e “ Mellor viño espumoso español” co Lúa Jazz.

Estes premios, que presentan doce candidatos por cada unha das doce categorías que os compoñen, foron acumulando prestixio ao longo dos anos e supoñen un recoñecemento moi valioso para as adegas nomeadas.

Os candidatos foron seleccionados polo equipo de redacción de Verema, apoiados nas valoracións dos usuarios e visitantes aos eventos organizados polo devandito portal, e saberán se foron galardoados o día 5 de Febreiro, realizándose a entrega de premios no evento Verema de Valenca o día 25 do mesmo mes.

Sen dúbida trátase dun enorme reforzo para a imaxe da nosa adega, e un impulso ao proxecto do noso espumoso Lúa Jazz, referencia absoluta entre os espumosos galegos.

A continuación deixámosvos a ligazón no que poderedes votar pola nosa adega:

LIGAZÓN VOTACIÓNS

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php