O noso mencía acadou o “Acio de Bronce” dentro da D.O. Valdeorras.
A Consellería de Medio Rural entregou o luns 18 de Xullo os premios da XXVIII Cata dos viños de Galicia, celebrada en Ourense e coa participación de 201 viños das 5 Denominacións de Orixe.
Dentro dos premios por Denominación de Orixe, Viña Costeira recibía o “Acio de bronce” da D.O. Valdeorras para o seu novo mencía, sendo sen dúbida un premio ao traballo e esforzo da nosa adega no desenvolvemento deste novo tinto.
O mencía de Viña Costeira é un tinto polivalente, axeitado para “chatear”, que coa súa coidada elaboración en viñas situadas nas ladeiras do Sil e do Bibei acada unha elegancia e complexidade que evocan as paisaxes nobres de Valdeorras.