Spread the love

Unha nova parada da xira de presentacións do  Mencía de Viña Costeira tiña lugar no día de onte nun lugar cun magnetismo especial: a Igrexa de Santa María Magdalena de Ribadavia.

 
Nunha calorosa xornada, este novo viño presentouse en Ribadavia, apoiado polos profesionais do sector hostaleiro da comarca e por membros da nosa cooperativa, que non dubidaron en asistir á presentación “en casa” do novo Mencía.
 
Nesta ocasión, foi o enólogo Manuel Castro o mestre de cerimonias,  recalcando a polivalencia deste viño que lle fai apto para diferentes situacións e maridaxes, reforzando a importancia no resultado final da selección das uvas mencía sousón e garnacha de cepas vellas .
 
Estas notas de cata expuxeron a esixente selección dos viñedos das zonas altas de Valdeorras como o punto diferencial que fai que este viño teña uns matices particulares para reflectir as nobres características da rexión valdeorresa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php