A pasada fin de semana a nosa adega participou en dous eventos con gran éxito de organización e público.
Os días 16 e 17 de Xullo Viña Costeira redobrou a súa presenza na rúa coa participación en dous eventos que reuniron un gran número de visitantes durante a fin de semana.
Por unha parte participou na XIX Feira do Viño de Valdeorras, organizada pola D.O. Valdeorras, na que se degustou o noso mencía elaborado na adega da Portela. Neste evento congregouse unha gran cantidade de público que desfrutou dun día marabilloso para percorrer o recinto da feira.
Ao mesmo tempo, o sábado Viña Costeira estaba na enobarra da nova edición do Festival Ribeiro Son de Viño, celebrado no Náutico de San Vicente do Mar , no Grove, e organizado pola D.O. Ribeiro. Este evento tivo unha asistencia extraordinaria, con actuacións de diversas bandas que amenizaron coa súa música unha xornada chea de sol, praia e viño do Ribeiro.