luns 13 de Novembro
O vindeiro luns 13 de Novembro celebrarase a segunda edición da Experiencia Verema Vigo, que levará a cabo, unha vez máis, no Auditorio Pazo de Congresos mar de Vigo.
O éxito da pasada edición desta Experiencia Verema, cargou de espectativas o evento deste ano, para o que estiman un aumento considerable dos asistentes, que retomarán o contacto con todos os distribuidores e profesionais do sector na cidade de Vigo. O evento abrirá as súas portas de 12:00 a 21:00, servindo de punto de exposición para máis de 30 adegas que darán a catar os seus viños.
Viña Costeira repetirá participación, presentando neste evento os seus viños máis representativos, e acudindo de novo co portfolio da súa adega premium Pazo de Toubes.