Spread the love

II edición da Experiencia Verema Bilbao

Seguindo coa planificación de datas prevista para as Experiencias Verema, Viña Costeira estará presente na II edición da Experiencia Verema Bilbao o vindeiro luns 24 de Outubro. Tras a Experiencia Verema de Madrid en maio, retómanse estes eventos tras un verán caloroso e co sabor e a suor da vendima aínda moi próximos no tempo.

O Palacio de Congresos Euskalduna será o lugar onde daremos a coñecer os nosos viños, enmarcados nunha serie de actividades como catas comentadas, túneles de viños e mesas de exposición. Este evento terá un horario de 12:00 a 21:00, reunindo a profesionais do sector, amantes do viño e usuarios do portal de Verema.

Para inscribirse ao evento, desde www.verema.com habilítase unha ligazón directa para cumprimentar os formularios de inscrición. Outra opción é a descarga directa da invitación do evento, cousa que podedes facer desde este mesmo post.

Vémonos en Bilbao!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php