O certificado recoñece ás empresas con mellores condicións para a experiencia turística dos seus visitantes.
O galardón, obtido durante a pasada edición de FITUR, é o máis prestixioso certificado no que respecta a calidade turística de empresas.
A “Q” aporta aos establecementos turísticos que a ostentan: prestixio, diferenciación, fiabilidade, rigorosidade e promoción por parte da Secretaría de Estado de Turismo e as Comunidades Autónomas.
O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a Directora de Turismo do mesmo organismo, Nava Castro. Por parte da adega, a representación correu a cargo da vicepresidente Concha Pousa Iglesias e o responsable de produción José González.
Se estás interesado en visitar as nosas instalacións e desexas informarte de cómo facelo, entra no apartado de Enoturismo e descubre a Experiencia Costeira.