Spread the love

Viña Costeira Ribeiro

O Viña Costeira Ribeiro segue agrandando a súa lenda de viño referente do Ribeiro ao conseguir un novo galardón: unha prata nos premios Mesquita de Córdoba. Na “cidade das tres culturas” desenvolveuse o 24 de abril unha nova edición deste certame, o único concurso deste tipo que se celebra anual e ininterrompidamente en Andalucía desde hai 23 anos. 

Este concurso, referente no sur de España, caracterízase pola alta cualificación do seu xurado, que lle valeu ser merecedor de gran recoñecemento e dun prestixio gañado con suor dentro do sector vitivinícola, facendo de Córdoba a cidade referente do viño durante o desenvolvemento do evento.

Nesta edición de 2017, Viña Costeira escribiu unha nova páxina na longa e exitosa traxectoria deste Ribeiro, cultivando unha prata da que se fixo merecedor polo seu esmerada elaboración e sabor inconfundible.

O vindeiro martes 6 de Xuño, celebrarase a cerimonia de entrega de galardóns no Patio Barroco do Palacio da Mercé de Córodoba, unha contorna única para poñer a guinda a un evento destacado dentro do panorama nacional.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0