Spread the love

More Than Wines vén de recoñecer a Viña Costeira coma satélite autorizado para impartir cursos do principal provedor de cualificacións en viños e espirituosos do mundo, Wine and Spirit Education Trust (WSET). Viña Costeira é a primeira bodega de Galicia en obter este recoñecemento.

Os programas de More Than Wines están deseñados para todos aqueles que desexan desenvolver os seus coñecementos sobre viño e espirituosos, dende un nivel máis principiante ata un profesional do sector. A impartición destes cursos nas instalacións da Adega supón un gran hito para o sector vinícola de Galicia, xa que achega o mundo do viño aos consumidores e aporta un valor engadido a Viña Costeira no ámbito da formación e o enriquecemento dentro do mundo do viño e o seu entorno.

O primeiro curso vinícola, a finais de maio

Os cursos comezarán a impartirse a finais de maio con prazas limitadas, que xa poden reservarse en www.morethanwines.com. Se estás interesado en adquirir un amplo coñecemento tanto dos procesos vinícolas coma dos viños do mundo, diferenciar a súa orixe e propiedades organolépticas de cada variedade, ou completar notas de cata complexas, esta é unha oportunidade extraordinaria para acadalo. últimas prazas disponibles!

Programa do curso, horario e inscricións

Máis en profundidade, o programa do primeiro curso, impartido os días 30 e 31 de maio e 1 de xuño (Cualificación de Nivel 2) incluirá

  • Factores que inflúen nos tipos e estilos de viño.
  • Características das principais variedades de uva.
  • Estilo e calidade dos viños.
  • Métodos de produción.
  • Procesos e principios de almacenaxe, elección e servicio do viño.

O horario deste curso será de 9h a 17:30h, cun exame de cualificación tipo test que terá lugar o día 1 de xuño e que deberá superarse para obter a certificación

Os cursos de More Than Wines están especialmente enfocados a profesionais da industria hosteleira, incluíndo tamén a un público máis amateur, que simplemente queira introducirse ou desenvolver coñecementos do viño. Toda a información e inscricións aquí.

Aprendamos xuntos sobre o apaixonante mundo do viño!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0

load wp-blog-header.php