Momentos Extraordinarios Costeira

A celebración de actividades nas que os productos Costeira son o mellor complemento están feitas para o teu desfrute. Somos a nosa música, a nosa gastronomía, as nosas rutas do viño, as nosas actividades de enoturismo. Agardámoste en todas elas!

Calquer momento é extraordinario se o acompañas con Costeira.

Consulta aquí os eventos organizados por Viña Costeira ou nos que colaboramos, e infórmate sobre como participar:

Costeira Sonora

Setembro 28

Máis de dez horas de música no Pazo de Toubes: Ángel Stanich, El Meister, Las Chillers, María Yfeu, e Surma. ¡Merca aquí as túas entradas!

Noite das Perseidas 2019

Agosto 13

Volve o espectáculo máis extraordinario do ano, esta vez estreando ubicación: un lugar emblemático e cun encanto especial, como é Pazo de Toubes. Ademais, contará cun montón de novidades con respecto a pasadas edicións, coma espectáculo acrobático e de lume e moitas outras sorpresas, que completarán a xa atractiva cea maridada, coctalería, observación guiada de estrelas e dj con música ambiente.

Evento das Letras Galegas

Maio 18

O Día das Letras Galegas temos moito que celebrar en Costeira. Por iso, estamos argallando un evento moi moi especial para o sábado 18 de maio no que estaríamos encantados de que nos acompañes. ¡Reserva a túa praza aquí!

Semana do Libro (do 22 ao 28 de abril)

Abril 22 - Abril 28

Con motivo da celebración do día do Libro (23 de abril), con cada pedido online ou compra en adega, entre os días 22 e 28 de abril regalamos un libro. Fai aquí o teu pedido!

Esta Semana Santa vive unha aventura en familia… ¡Extraordinaria!

Abril 19 @ 4:00 p.m. - Abril 20 @ 6:00 p.m.

Galicia en familia, o marabilloso mundo do viño e moita, moita diversión. Xa temos a cabeza posta nas próximas vacacións de Semana Santa, e por eso preparamos unha actividade na que gozaredes coma nenos pequeños. As prazas son limitadas, reserva aquí a túa! Datas da actividade: 19 e 20 de abril, en horario de 16 a 18h.

Entroido: cata de licores, exposición de óleos, fotografías e as máscaras máis tradicionais

Febreiro 25 - Marzo 9

¡Entroido en Costeira! Entre o 25 de febrero e o 9 de marzo, a adega acollerá unha exposición para todas aquelas persoas interesadas en coñecer unha das tradicións estrela da provincia. Ademais, entre o 1 e o 4 de marzo, unha cata de licores Costeira completará a celebración. Máis información e entradas aquí!

San Valentín con Costeira

Febreiro 14 - Febreiro 16

Viña Costeira organiza os días 14, 15 y 16 de febrero unha iniciativa que vos vai encantar: "Amor nas alturas"

O Mellor de Cada Casa - Costeira + Coren

1 Decembro, 2018 @ 8:00 a.m. - 1 Xaneiro, 2019 @ 5:00 p.m.

Convidámoste a seguir desfrutando de Viña Costeira Mencía e dos produtos de Coren nos teus locais favoritos. Completa os teus datos e entra no sorteo! Podes gañar unha fin de semana para dúas persoas no Balneario de Caldaria de Laias. Poderás gañar regalos directos (enfriadores de botella, mochilas, sacacorchos, pulseiras, visitas á Adega, etc.) ou participar no sorteo de 6 fins de semana de balneario, con visita incluida ás instalacións de Viña Costeira, a Mellora Adega de España en 2017; e 6 lotes de prodtos SELECTA de Coren.

Noite das Perseidas

9 Agosto, 2018

Vive connosco unha das noites máis máxicas do ano! Visita guiada pola adega na que coñecer e profundizar na elaboración dos viños Viña Costeira e experimentar o seu sabor único. Cea no viñedo de San Cibrao á luz da lúa para gozar da gastronomía galega e os viños da Mellor Adega de España. Música en directo como banda sonora desta experiencia exclusiva. Observación das estrelas fugaces guiadas por un grupo de astrónomos experto para non perder detalle e vivir este acontecemento único. Entradas e máis información aquí.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo

0