NAVIDAD COSTEIRA: 10% de descuento en vinos, licores y packs.

Viña Costeira acolle o acto de clausura do proxecto de dixitalización ‘LIBATIO’

Sígueme

Fecha

  • O proxecto, que foi concedido a un consorcio de catro PEMES galegas, persegue a introdución dun novo produto no mercado que leve á transformación dixital ao sector vitivinícola.
  • LIBATIO permitirá dixitalizar as fases de maduración e fermetación do viño, que actualmente apenas contan con tecnoloxía dixital, a diferencia doutras fases como a colleita ou o embotellado.
  • O acto de clausura tivo lugar o pasado mércores, 26 de abril, nas instalacións centrais da bodega ourensá en Valdepereira, Ribadavia. 
  • Asistiron ao acto membros da dirección e do equipo técnico de Viña Costeira, a Directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia así como representantes do resto de empresas que participan no plan.

Ribadavia, Ourense, 28 de abril de 2023. A bodega Viña Costeira acolleu o pasado mércores, 26 de abril, o acto de clausura e difusión pública dos resultados acadados no marco do proxecto LIBATIO.


Obxectivos
Este proxecto, liderado por Viña Costeira xunto a tres PEMES galegas, consegue a introdución dun novo produto no mercado que leve a transformación dixital ao sector vitivinícola. Trátase do desenvolvemento dunha plataforma web completa que permite a monitorización en tempo real da etapa de maduración do viño mediante sensores para controlar o estado do viño almacenado nos depósitos de aceiro, así coma dispositivos de sensorización ambiental para o control da sala de envellecemento.

Outro dos obxectivos do plan foi a simulación da fase de fermentación do viño, proporcionando así unha predición sobre a evolución dos substratos involucrados no aroma e sabor do produto e o control da temperatura de fermentación que minimice o gasto enerxético derivado do arrefriamento.
LIBATIO permite, polo tanto, dixitalizar dúas das fases principais da cadea de valor da elaboración do viño, que apenas contaban con tecnoloxía dixital, a diferencia doutras fases como a colleita ou o embotellado.

O plan de dixitalización, apoiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), pertencente á Xunta de Galicia, cunha subvención de case 400.000€ a través do programa de financiamento Conecta Hubs 2021, foi concedido a un consorcio de catro empresas galegas: Viña Costeira (cooperativa bodegueira de recoñecido presitixio), SC Robotics (deseñadores de solucións IoT), Nigal (empresa de análise de datos mediante intelixencia artificial) e Indominus AS (especialistas en xestión e desenvolvemento de proxectos de innovación e enxeñería computacional).

Empresas colaboradoras
VIÑA COSTEIRA. Bodega é actualmente a referencia galega no panorama do viño, que conta cun crecemento continuo que a converteu nunha sólida marca asentada na súa tradición, sempre buscando innovación tecnolóxica e a transformación dixital para achegarse aos seus clientes e máis de 500 socios. A día de hoxe xeran o 45% da Denominación de Orixe Ribeiro, cun total de 5 millóns de botellas vendidas cada ano.

NIGAL. Empresa de Ribadeo adicada ao análise de datos fundada por persoas con ampla experiencia no sector da intelixencia artificial, machine learning e big data. Galardoados por Telefónica no marco do programa Open Future, xa asinaron importantes contratos con empresas do sector loxístico e do sector forestal, entre outras.

INDOMINUS. Consultoría técnica galega con experiencia en proxectos de innovación europeos que ofrece solucións de enxeñería no campo da simulación numérica aportando vantaxes coma a redución de custos e a optimización de tempos asociados a deseño, fabricación e testeo. A empresa está a levar a cabo proxectos innovadores de enxeñaría computacional en diversos eidos, principalmente nos sectores da medicina e alimentación.

SC ROBOTICS. Empresa nada en Vigo no ano 2019. O seu foco principal é o deseño, desenvolvemento e fabricación de dispositivos electrónicos para ámbito industrial. Nesta breve andanza traballaron con importantes firmas do tecido empresarial galego, español e incluso europeo. Unha das súas principais labores é axudar ás empresas á hora de levar a cabo proxectos de innovación e dixitalización.

Acto de clausura
No acto, que se celcebrou o pasado mércores nas instalacións centrais de Viña Costeira, tivo lugar unha xuntanza do equipo de traballo que clausurou o proxecto. Asistiron a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, membros da dirección e do equipo técnico de Viña Costeira, Nigal, Indominus Advanced Solutions, SC Robotics así coma representantes das entidades colaboradoras.

Más
artículos

We are delighted that you are visiting us. Remember that you can only access our content if you are over 18 years old.

¿Eres mayor de edad?