Vía XVIII

caja-4uds-gl: 72.00 €
1 botella: 18.00 €

 

O novo viño tinto Vía XVIII da gama Pazo de Toubes é vermello granate, moi intenso. De capa moi profunda, presenta en nariz harmonía de chan e froitas maduras, con notas minerais. En boca, é un viño tinto de entrada doada e apetecible, sen acritudes nin espesores e cun postgusto intenso e longo que abre camiño a sensacións de elaboración tradicional. De acidez moi moderada, ten un carácter asentado e moi agradable, untuoso ao tacto.

 

  • Chan: guixarrosos, de cantos rodados, quartizas, esquistos e pizarra descomposta. Na maioría dos casos, cuberta vexetal espontánea.
  • Uva garnacha tintureira cepas vellas, 100% (tamén chamada Alicante Bouschet ou Henry Bouschet).
  • Temperatura de servizo: 16-19ºC
Limpiar
SKU: N/D Categorías: ,

Descripción

Elaboración

O viño tinto Vía XVIII vendímase manualmente en caixas. O seu despalixado é de estruxado suave, con fermentación a 26º en aceiro inoxidable. A maceración deste viño tinto é tradicional e coidadosa, con remontados manuais. De afinado natural polos fríos do inverno, repousa en tanque de aceiro.

Maridaxe do viño Vía XVIII de Pazo de Toubes

Moi bo acompañante de patés e carnes de ave recheas ao forno. Tamén marida con legumes estofadas, cocidos ou carnes en xeral con guarnicións de fungos. É ideal para dixerir doadamente pavo ou cordeiro en festas navideñas.

Ficheiros adxuntos:

Descarga ficha técnica

Descarga imaxe viño tinto Vía XVIII

Información adicional

Unidades

,

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
logo
Preview
Close

¿Eres mayor de edad?

Debes ser mayor de 18 años para acceder a este contenidog

0