Envíos gratuítos a partir de 50€.

Certame Amadeus Arte & Viño

Sígueme

Buscamos ao deseñador/a da nova botella de Amadeus

Amadeus San Cibrao Treixadura leva vinculado a arte dende a súa creación no 1990. En cada colleita, importantes artistas deixaron a súa pegada deseñando a imaxe desde viño: Virxilio, Laxeiro, Moncho Borrajo, Vidal Souto, Jorge Castillo, Isaac Díaz Pardo e moitos outros. 

Anos despois, Amadeus voltou coa colaboración do pintor ourensano Alexandro, manifestando, de novo, a vinculación do viño coa nosa terra, a nosa arte e a nosa cultura.

No 2023 a adega aposta de novo polos talentos artísticos de Galicia desenrolando o Certame Amadeus Arte e Viño e, tras o éxito da primeira edición, volta na procura do novo deseño desta próxima añada. 

Neste certame pode participar calquera persoa física (+18 anos) ou xurídica, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres deseños, que deberán ser orixinais e inéditos.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática.

O tema será libre e deberá adaptarse ás especificacións técnicas do deseño na botella. 

INSCRÍBETE ANTES DE ENVIAR A TÚA OBRA

Envía os teus datos antes de enviarnos a túa obra seguindo as instruccións das bases de participación.

Uxmal Díaz, gañador da I Edición

Nesta primeira edición do Certame Amadeus Arte e Viño, tivemos a enorme sorte de poder disfrutar, de primeira man, do enorme talento de diferentes artistas que nos fixeron chegar as súas obras dende diferentes puntos de Galicia. A tod@s @s que participastedes, GRAZAS! 

O deseño gañador foi unha creación de Uxmal Díaz, un mozo de 19 anos natural de Viveiro (Lugo), quen se inspirou na obra de Keith Haring; un estilo plano de liñas pop, sencillas e agradables á vista, xogando con monecos grotescos e amorfos que diron vida á nova botella de Amadeus.

Queres saber máis sobre o seu deseño? Le a súa entrevista aquí.


Deseños anteriores do Amadeus Treixadura

Nesta galería están presentes algunhas das botellas das edicións anteriores do icónico Amadeus Treixadura, de artistas tan coñecidos como Virxilio, Laxeiro, Jorge Castillo, Vidal Souto, Díaz Pardo, Moncho Borrajo ou Alexandro.

Lugar e prazo de entrega

As obras e propostas que se queixan presentar en formato dixital deberán adxuntarse no formulario de inscripción. 

No caso de tratarse dunha obra física deberá enviarse  á Adega Viña Costeira, S.C.G. en. Valdepereira s/n Ribadavia  32415 Ourense, antes das 14:00 horas do día 29 de agosto de 2024. 

Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correos do remitente antes das 14 horas do día 29 de agosto de 2024.

Premio

Bodega Viña Costeira concederá o seguinte premio:

1º PREMIO, dotado con 5.000 euros.

A obra gañadora e tódolos seus dereitos pasarán a ser propiedade de Viña Costeira S.C.G. A bodega resérvase o dereito de reprodución da obra en calquera dos seus formatos, citando ao autor e o ano de presentación.

We are delighted that you are visiting us. Remember that you can only access our content if you are over 18 years old.

¿Eres mayor de edad?