Suscríbete a la newsletter y disfruta de un 10% de descuento en tu primera compra. Envíos gratis con pedidos superiores a 50€.

Certame Amadeus Arte & Viño

Sígueme

Amadeus San Cibrao Treixadura é un viño da Bodega Viña Costeira que leva vinculado a arte dende a súa creación en 1990. Numerosos artistas galegos desenvolveron a imaxe deste viño en cada unha das súas colleitas.

O certame Amadeus Arte e Viño 2022 nace para a creación da imaxe da botella da vindeira colleita de Amadeus San Cibrao Treixadura.

Este certame está destinado a promocionar a arte e a cultura do viño, plasmando no vidro da botella desta marca unha obra orixinal.

 

Poderán participar neste certame calquera persoa física (+18) ou xurídica sen máis limitación que as impostas pola legalidade vixente.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres deseños, que deberán ser orixinais e inéditos.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática.

O tema será libre e deberá adaptarse ás especificacións técnicas do deseño na botella

 

Edicións anteriores de Amadeus Treixadura

Nesta galería están presentes algunhas das botellas das edicións anteriores do icónico Amadeus Treixadura, de artistas tan coñecidos como Virxilio, Laxeiro, Jorge Castillo, Vidal Souto, Díaz Pardo, Moncho Borrajo ou Alexandro.

Lugar e prazo de entrega

As obras e propostas deben facerse chegar á Bodega Viña Costeira, S.C.G. en. Valdepereira s/n Ribadavia  32415 Ourense, antes das 14 horas do día 29 de xullo de 2022. 

Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correos do remitente antes das 14 horas do día 29 de xullo de 2022.

Premios

Bodega Viña Costeira concederá o seguinte premio:

1º PREMIO, dotado con 5.000 euros.

 

A obra gañadora e tódolos seus dereitos pasarán a ser propiedade de Viña Costeira S.C.G. A bodega resérvase o dereito de reprodución da obra en calquera dos seus formatos, citando ao autor e o ano de presentación.


INSCRÍBETE ANTES DE ENVIAR A TÚA OBRA

Envía os teus datos antes de enviarnos a túa obra seguindo as instruccións das bases de participación.

Estamos encantados de que nos visites. Recuerda que sólo puedes acceder a nuestro contenido si tienes más de 18 años.

¿Eres mayor de edad?