Suscríbete a nuestra newsletter y obtén un 10% de descuento en nuestros vinos y licores.

Viña Costeira lidera, xunto a tres PEMES galegas, un proxecto de dixitalización dirixido a bodegas vinícolas

Compartir en facebook
Compartir en twitter
Compartir en linkedin
Compartir en whatsapp
Compartir en pinterest
Compartir en email

Sígueme

Fecha

  • O proxecto, que foi concedido a un consorcio de catro PEMES galegas, persegue a introdución dun novo produto no mercado que leve á transformación dixital ao sector vitivinícola.
  • LIBATIO permitirá dixitalizar as fases de maduración e fermetación do viño, que actualmente apenas contan con tecnoloxía dixital, a diferencia doutras fases como a colleita ou o embotellado.
  • A presentación tivo lugar este venres, 14 de xaneiro, nas instalacións centrais da bodega ourensá en Valdepereira, Ribadavia. 
  • Asistiron ao acto membros da dirección e do equipo técnico de Viña Costeira, así como representantes do resto de empresas que participan no plan.

Ribadavia, Ourense, 15 de xaneiro de 2022. A bodega Viña Costeira acolleu este venres, 14 de xaneiro, o acto de presentación e difusión pública dos primeiros resultados acadados no marco do proxecto LIBATIO.

Obxectivos
Este proxecto, liderado por Viña Costeira xunto a tres PEMES galegas, persegue a introdución dun novo produto no mercado que leve a transformación dixital ao sector vitivinícola. Trátase do desenvolvemento dunha plataforma web completa que permitirá a monitorización en tempo real da etapa de maduración do viño mediante sensores para controlar o estado do viño almacenado nos depósitos de aceiro, así coma dispositivos de sensorización ambiental para o control da sala de envellecemento.

Outro dos obxectivos do plan é a simulación da fase de fermentación do viño, proporcionando así unha predición sobre a evolución dos substratos involucrados no aroma e sabor do produto e o control da temperatura de fermentación que minimice o gasto enerxético derivado do arrefriamento.
LIBATIO permitirá, polo tanto, dixitalizar dúas das fases principais da cadea de valor da elaboración do viño, que actualmente apenas contan con tecnoloxía dixital, a diferencia doutras fases como a colleita ou o embotellado.

O plan de dixitalización, galardoado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), pertencente á Xunta de Galicia, cunha subvención de case 400.000€ a través do programa de financiación Conecta Hubs 2021, foi concedido a un consorcio de catro empresas galegas: Viña Costeira (cooperativa bodegueira de recoñecido presitixio), SC Robotics (deseñadores de solucións IoT), Nigal (empresa de análise de datos mediante intelixencia artificial) e Indominus AS (especialistas en xestión e desenvolvemento de proxectos de innovación e enxeñería computacional).

Empresas colaboradoras
VIÑA COSTEIRA. Bodega é actualmente a referencia galega no panorama do viño, que conta cun crecemento continuo que a converteu nunha sólida marca asentada na súa tradición, sempre buscando innovación tecnolóxica e a transformación dixital para achegarse aos seus clientes e máis de 500 socios. A día de hoxe xeran o 45% da Denominación de Orixe Ribeiro, cun total de 5 millóns de botellas vendidas cada ano.

NIGAL. Empresa de Ribadeo adicada ao análise de datos fundada por persoas con ampla experiencia no sector da intelixencia artificial, machine learning e big data. Galardoados por Telefónica no marco do programa Open Future, xa asinaron importantes contratos con empresas do sector loxístico e do sector forestal, entre outras.

INDOMINUS. Consultoría técnica galega con experiencia en proxectos de innovación europeos que ofrece solucións de enxeñería no campo da simulación numérica aportando vantaxes coma a redución de custos e a optimización de tempos asociados a deseño, fabricación e testeo. A empresa está a levar a cabo proxectos innovadores de enxeñaría computacional en diversos eidos, principalmente nos sectores da medicina e alimentación.

SC ROBOTICS. Empresa nada en Vigo no ano 2019. O seu foco principal é o deseño, desenvolvemento e fabricación de dispositivos electrónicos para ámbito industrial. Nesta breve andanza traballaron con importantes firmas do tecido empresarial galego, español e incluso europeo. Unha das súas principais labores é axudar ás empresas á hora de levar a cabo proxectos de innovación e dixitalización.

Acto de presentación
No acto, que se celcebrou este venres nas instalacións centrais de Viña Costeira, tivo ugar unha presentación do proxecto, unha visita á bodega así coma a primeira xuntanza do equipo de traballo. Asistiron ao mesmo membros da dirección e do equipo técnico de Viña Costeira, Nigal, Indominus Advanced Solutions, SC Robotics así coma representantes das entidades colaboradoras.

Más
artículos

Estamos encantados de que nos visites. Recuerda que sólo puedes acceder a nuestro contenido si tienes más de 18 años.

¿Eres mayor de edad?