Envíos gratuítos a partir de 50€.

“Sempre me fixei nas etiquetas e no packaging do viño, paréceme un nicho do deseño moi interesante”

Sígueme

Fecha

Coa fin de promocionar os novos talentos artísticos de Galicia, en xuño do ano 2022 Viña Costeira levou a cabo o I Certame Amadeus ‘Arte e Viño’ para a celebración da nova imaxe da botella. O diseño gañador foi a creación de Uxmal Díaz, un mozo artista de 19 anos natural de Viveiro (Lugo), quen se inspirou na obra de Keith Haring:  un estilo plano de liñas pop, sencillas e agradables á vista, xogando con muñecos grotescos e amorfos. Falamos con el.

umxal_diaz

Cando comeza a túa afección polo deseño?

Desde que sei debuxar intento aplicar esta capacidade á mera creación, e donde encontro o verdadeiro disfrute, en idear desde cero. O divertido do deseño é a cantidade de ámbitos que toca, cada un con limitacións moi diferentes e concretas; pouco a pouco vou intentando probar de todo buscando novas experiencias e novas formas de expresión.

A arte é unha forma de expresarse e comunicarse sen palabras. Que quixeches manifestar coa túa imaxe?

A miña imaxe representa a festa e a celebración, todo o mundo pode servir, tomar e disfrutar. Ao mesmo tempo, as figuras simbolizan o meu gusto polo grotesco, pois son amorfas e irregulares, mézclanse entre sí; é o contraste á bonita idea da festa.

Onde atopaches a inspiración para esta obra?

No momento no que naceu a idea, xa me encontraba probando un estilo de debuxo distinto, nada realista, que collera figuras humanas e as deformase deste modo grotesco, pero mantendo un pequeno sentido xeométrico.

Cales foron os teus principais referentes e influencias artísticas (ou non artísticas) que calaron neste traballo?

Sobre todo para o estilo visual, de liña negra grosa con fondo branco, inspireime en Keith Haring, que tiña un estilo moi desenfadado e sencillo, pero excepcional a nivel decorativo.

Que foi o máis complicado da composición? E o máis gratificante?

O máis complicado foi lograr que todas as formas encaixen sen facer de todo un caos visual sen ningún sentido. O gratificante foi logralo, e que o caos teña un sentido estético.

“Na miña casa sempre se viu e disfrutou do viño dentro do seu valor cultural”

O Amadeus nace nos 90 para poñer en valor a cultura galega vinculada ao viño. De feito, Galicia é o lugar perfecto para iniciarse na cultura vitivinícola. Tiñas algunha relación con este mundo ou foi un descubrimento para ti?

Un pouco das dúas, na miña casa sempre se viu e disfrutou do viño dentro do seu valor cultural, apreciando as diferencias entre as distintas variedades. Ata agora, eu non me incluía ni me interesaba por isto, pero desde o certame, o meu interés creceu moito.

O teu pai é pintor.  El mesmo che inculcou a paixón polo debuxo. Pedícheslle axuda para isto?

El ensinoume e axudoume a desarrollarme no debuxo a nivel de técnica, pero logo eu encontrei os meus propios camiños, así como este traballo que é obra completamente miña.

Antes túa, encargáronse dos deseños desta botella artistas tan recoñecidos como Laxeiro, Virxilio ou Díaz Pardo. Foi un reto presentar a túa candidatura? Que se sinte ao unirse a esta prestixiosa lista?

Ao momento de presentarme, non estaba nada seguro da validez do meu deseño frente ás propostas anteriores de artistas tan recoñecidos, pero agora estar dentro da lista é todo un orgullo e un honor.

Cal é a túa relación co viño? Que papel  ocupaba na túa vida e que lugar ocupa agora?

Aínda que non son moi bebedor, de sempre me fixei nas etiquetas e no packaging do viño, pois paréceme un nicho do deseño moi interesante, sempre bastante ligado á cultura. Agora vexo todo este mundo con outros ollos, sabendo que xa formo parte del.

Ata fai pouco, unha das principais razóns que alonxaba á xente nova do mundo do viño era a visión elitista deste. Cres que fan falla máis propostas emerxentes coma esta que axuden a rexuvecener ao consumidor?

É verdade que a cultura do viño ten asociado este aire de elegancia e elitismo, pero nunca estou de acordo con manter este tipo de pensamentos. Asimismo, tanto a gastronomía como todos os ámbitos culturais sofren sempre dun pouco de desinformación e prexuízos que xeran unha imaxe completamente equivocada do que cada un constitúe. Polo tanto, sempre vou estar en contra disto, pois paréceme que cada un destes ámbitos ten aspectos que apreciar.

Más
artículos

Estamos encantados de que nos visites. Recuerda que sólo puedes acceder a nuestro contenido si tienes más de 18 años.

¿Eres mayor de edad?