Promoción especial Día de la Madre: 10% descuento en vinos y licores, del 16 al 24 de abril.

O proxecto LIBATIO, liderado por Viña Costeira xunto a tres PEMEs galegas, avanza na dixitalización do sector bodegueiro

Sígueme

Fecha

  • LIBATIO persegue a introdución dun novo produto no mercado que leve a transformación dixital ao sector vitivinícola da man de Viña Costeira.
  • A presentación tivo lugar este mércores, 16 de novembro, nas instalacións centrais da bodega ourensá en Valdepereira, Ribadavia.

Ribadavia, Ourense, 16 de novembro de 2022. Na xornada de hoxe tivo lugar o evento público para difundir os avances acadados no marco do proxecto LIBATIO.

Este proxecto está subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), pertencente á Xunta de Galicia, cunha dotación de case 445.000€ a través do programa de financiación Conecta Hubs 2021. LIBATIO persegue a introdución dun novo produto no mercado que leve a transformación dixital ao sector vitivinícola, unha industria que aporta ao redor de 200 M€ anuais ao tecido industrial galego e que contribúe á dinamización e fixación de poboación no rural, especialmente na contorna das áreas de influencia das cinco Denominacións de Orixe Protexidas (Rías Baixas, Valdeorras, Ribeiro, Ribeira Sacra e Monterrei).

Obxectivos

No marco deste proxecto estase a desenvolver unha plataforma web e uns dispositivos IoT que permitirán a monitorización en tempo real da etapa de maduración do viño almacenado nos depósitos de aceiro. Gracias á plataforma tamén se mellorará a trazabilidade de todos os procesos realizados en cada depósito, como catas e reenchidos, ademáis de poder levarse a cabo unha análise da superficie do viño mediante IA para detectar a presencia de bacterias.

Outro dos obxectivos do proxecto é a simulación da fase de fermentación do viño, proporcionando así unha predición sobre a evolución dos substratos involucrados no aroma e sabor do produto. Tamén se persegue mellorar a eficiencia enerxética das bodegas mediante o control da temperatura dos tanques durante fermentación, algo que no contexto actual de crise enerxética xa resultou nun aumento dos custos de máis do 35% con respecto ao ano anterior.

LIBATIO permitirá polo tanto dixitalizar as fases de envellecemento e maduración do viño. Ditas etapas, a diferencia do que sucede durante a colleita ou o embotellado, apenas contan con tecnoloxía dixital, e pode supoñer un aumento significativo do rendemento económico.

Colaboradores

Este proxecto foi concedido a un consorcio de catro empresas galegas: Viña Costeira (cooperativa bodegueira de recoñecido prestixio no sector), SC Robotics (deseñadores de solucións IoT), Nigal (empresa de análise de datos mediante intelixencia artificial) e Indominus AS (especialistas en xestión de proxectos de innovación e enxeñería computacional).

Acto de presentación

No acto, que se celebrou nas instalacións centrais de Viña Costeira, tivo lugar a presentación do proxecto, unha visita á bodega así coma unha nova xuntanza do equipo de traballo, na que se puxeron en común os avances de cada un dos socios do consorcio. Asistiron tamén membros da dirección e do equipo técnico de Viña CosteiraNigalIndominus Advanced SolutionsSC Robotics así coma representantes das entidades colaboradoras.

Más
artículos

Estamos encantados de que nos visites. Recuerda que sólo puedes acceder a nuestro contenido si tienes más de 18 años.

¿Eres mayor de edad?