Envíos gratuítos a partir de 65€.

Certame Amadeus Arte & Viño

Sígueme

GRAZAS POR PARTICIPAR

Estamos emocionados por recibir máis de 200 obras!!

Millóns de grazas pola vosa dedicación, esforzo e tempo. Esta decisión está a ser moi complexa!

Actualmente, temos unha exposión (privada) na adega para que os xueces poidan valorar detalladamente cada deseño.

O gañador/a será anunciado no mes de novembro.

Moitísima sorte a tod@s! 

Buscamos ao deseñador/a da nova botella de Amadeus

Amadeus San Cibrao Treixadura leva vinculado a arte dende a súa creación no 1990. En cada colleita, importantes artistas deixaron a súa pegada deseñando a imaxe desde viño: Virxilio, Laxeiro, Moncho Borrajo, Vidal Souto, Jorge Castillo, Isaac Díaz Pardo e moitos outros. 

Anos despois, Amadeus voltou coa colaboración do pintor ourensano Alexandro, manifestando, de novo, a vinculación do viño coa nosa terra, a nosa arte e a nosa cultura.

No 2023 a adega aposta de novo polos talentos artísticos de Galicia desenrolando o Certame Amadeus Arte e Viño e, tras o éxito da primeira edición, volta na procura do novo deseño desta próxima añada. 

Neste certame pode participar calquera persoa física (+18 anos) ou xurídica, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres deseños, que deberán ser orixinais e inéditos.

Poderán realizarse con calquera técnica pictórica, fotográfica ou informática.

O tema será libre e deberá adaptarse ás especificacións técnicas do deseño na botella. 

INSCRÍBETE AQUI AO II CERTAME AMADEUS&VIÑO

Obras dixitais: rechea o formulario e adxunta a túa obra/s xunto co ANEXO 2. Se sobrepasas o peso límite escríbenos a marketing@costeira.es

Obras físicas: rechea o formulario e fainos chegar a adega o deseño/s acompañado dunha copia do ANEXO 2 impreso. 

Uxmal Díaz, gañador da I Edición

Nesta primeira edición do Certame Amadeus Arte e Viño, tivemos a enorme sorte de poder disfrutar, de primeira man, do enorme talento de diferentes artistas que nos fixeron chegar as súas obras dende diferentes puntos de Galicia. A tod@s @s que participastedes, GRAZAS! 

O deseño gañador foi unha creación de Uxmal Díaz, un mozo de 19 anos natural de Viveiro (Lugo), quen se inspirou na obra de Keith Haring; un estilo plano de liñas pop, sencillas e agradables á vista, xogando con monecos grotescos e amorfos que diron vida á nova botella de Amadeus.

Queres saber máis sobre o seu deseño? Le a súa entrevista aquí.


Deseños anteriores do Amadeus Treixadura

Nesta galería están presentes algunhas das botellas das edicións anteriores do icónico Amadeus Treixadura, de artistas tan coñecidos como Virxilio, Laxeiro, Jorge Castillo, Vidal Souto, Díaz Pardo, Moncho Borrajo ou Alexandro.

Lugar e prazo de entrega

As obras e propostas que se queiran presentar en formato dixital deberán adxuntarse no formulario de inscripción. 

No caso de tratarse dunha obra física deberá enviarse  á Adega Viña Costeira, S.C.G. en. Valdepereira 1, Ribadavia (32418), Ourense, antes das 14:00 horas do día 30 de agosto de 2024. 

Serán admitidos por correo todos aqueles traballos que foran selados nas oficinas de correos do remitente antes das 14 horas do día 30 de agosto de 2024.

Premio

Bodega Viña Costeira concederá o seguinte premio:

1º PREMIO, dotado con 5.000 euros.

A obra gañadora e tódolos seus dereitos pasarán a ser propiedade de Viña Costeira S.C.G. A bodega resérvase o dereito de reprodución da obra en calquera dos seus formatos, citando ao autor e o ano de presentación.

Estamos encantados de que nos visites. Recuerda que sólo puedes acceder a nuestro contenido si tienes más de 18 años.

¿Eres mayor de edad?